Prosegue o Forum di Torino con visitas a varias empresas TIC galegas

xoves, 2 de abril do 2009 Raquel Noya

A II Conferencia do Forum di Torino, que estes días está a reunir en Santiago de Compostela a preto de 300 expertos interesados na utilización do coñecemento e a innovación tecnolóxica para o desenvolvemento rexional de América Latina e Europa, continua ao longo de todo o día de hoxe na capital galega.
Ao longo de toda a mañá, os congresistas visitarán as institucións galegas vencelladas con sectores estratéxicos para Galiza no ámbito da I+D+i, como son a enerxía eólica, solar e hidróxeno, a acuicultura, a alimentación, o medio ambiente e as TIC.
Paralelamente, no Pazo de Congresos, terá lugar unha presentación da Rede Galega de Plataformas Tecnolóxicas (Neurona) seguida do obradoiro, Debuxando a súa traxectoria cara a innovación rexional, impartido por Gordon Feller, director executivo do Urban Age Istituto de California.
Logo, pola tarde, o programa recolle a realización de diversas actividades que levarán a cabo os grupos de traballo en torno aos temas tecnolóxicos así como distintos obradoiros sobre os sistemas rexionais de innovación.
Para finalizar a xornada de hoxe, a organización ten organizada unha sesión plenaria sobre os Sistemas Rexionais de Innovación, que estará moderada polo xornalista e asesor Pedro Meyer, e que contará coa participación de diversos representantes de entidades rexionais e internacionais vencelladas á xestión da innovación.
O programa completo é o seguinte:

Programa do xoves 2 de abril:

Mañá:
9:00 – 10:30 Presentación do Sistema galego de innovación – Neurona (Sala Obradoiro)
Salustiano MATO DE LA IGLESIA, Director Xeral de Investigación,
Desenvolvemento e Innovación. Consellería de Innovación e Industria.
Xunta de Galicia, España.
Lorenzo PASTRANA, Director de Centro de Investigación,
Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
8:30 – 13:30 Visitas técnicas a institucións galegas
• Acuicultura: Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (CETGA).
• Alimentación: Centro Tecnolóxico da Carne, Parque Tecnolóxico de
Galicia (TECNOPOLE).
• Enerxía eólica, solar e hidróxeno: Parque Sotavento.
• Medio Ambiente: Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA).
• TICs: Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Exposición Galicia
Dixital, Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
11:00 – 13:30 Obradoiro Especial: “Debuxando a súa traxectoria cara a innovación rexional”
Moderador: Gordon FELLER, Director Executivo, Urban Age Institute, California, USA.

Tarde:
15:00 – 17:30 Continuación do Espazo Aberto sub-grupos de traballo en temas tecnolóxicos (Energías renovables; Gestión medio ambiental; Tecnología para alimentos; TICs) e continuación de obradoiros sobre Sistemas rexionais de
Innovación (Centros de servizos tecnolóxicos; Crecer integrando innovación e competencias empresariais; Marketing territorial de rexións innovadoras; Programas regionais de competitividade baseados en clústers)
16:00 – 17:30 Reunión do Consello de Administración da Asociación Columbus Torino
17:30 – 20:00 Sesión plenaria: Sistemas rexionais de innovación (Sala Obradoiro)
Moderador: Pedro MEYER, xornalista e asesor en comunicación, España.
• Patrizio BIANCHI, reitor, Università degli Studi di Ferrara, Italia.
• Marcos BONTURI, xefe da División para a Competitividade Rexional e a Gobernanza, da Dirección para a Gobernanza pública e o Desenvolvemento territorial, OCDE, Francia.
• Mario CALDERINI, Presidente, Finpiemonte, Torino, Italia.
• Renato CAPORALI, Xerente Executivo, Confederação Nacional Indústria, Brasilia, Brasil.
• Emiliano DUCH, Presidente, Competitiveness, Barcelona, España.
• Salustiano MATO DE LA IGLESIA, Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia, España.
• Flora MONTEALEGRE PAINTER, Chief, Science and Technology Division, Inter-American Development Bank, Washington, USA.