Publican as especificacións técnicas da PS Vita
xoves, 18 de agosto do 2011
Cando Sony anunciou que
a súa nova consola portátil, a PS Vita, custarÃa 249 euros no seu modelo básico
e 299 euros no seu modelo con conectividade 3G, moitos foron os rumores que
apuntaban a que recortarÃan as prestacións da máquina fronte ao anunciado
previamente para poder axustar o seu prezo, pero finalmente deron a coñecer as especificacións técnicas da PS
Vita e dá a talla, o que levou a algúns analistas a asegurar que Sony
perderá uns 40 dólares por cada unidade vendida.
A PS Vita medirá 182 x 83,5 x 18,6 mm, contará cunha pantalla OLED capacitiva de
5 polgadas cunha resolución de 960 x 544 pÃxeles, procesador ARM Cortex A9 de 4
núcleos cun procesador gráfico SGX543MP4+ con 128 Mb de memoria de vÃdeo, 512
Mb de memoria RAM (o dobre do que ten a PlayStation 3), conectividade Wi-Fi
N, Bluetooth 2.1, soporte de audio en MP3, MP4 e WAVE, vÃdeo en MPEG-4 e H.264
e imaxes en JPEG, TIFF, BMP, GIF e PNG, e moitas outras prestacións entre as
que os xogadores agradecerán especialmente a presenza dun segundo stick analóxico.
