Pump integra P2P e navegación web
luns, 22 de decembro do 2008
Os afeccionados
ás descargas dixitais poden probar unha nova aplicación francesa que aÃnda
están en fase de probas, Pump,
que combina un cliente de BitTorrent con navegación web baseada no Internet
Explorer para permitir a busca simultánea en varias webs en busca de torrents, descargas directas e contidos
en streaming, facilitando as descargas
a través de Google, Jamendo, YouTube, Legaltorrents e Mininova, asà coma outros
buscadores.
Pump explora automaticamente as webs en busca de ficheiros torrent e contidos descargables directamente, polo que se poderÃa comparar ao
comportamento que o reprodutor Songbird ten coas ligazóns MP3. Tamén
permite a subscrición doada a blogs e podcasts, compartir contidos a través da
Rede, reproducir ficheiros multimedia (facendo uso dos filtros do Reprodutor
Multimedia de Windows, do VLC ou mesmo de Quicktime segundo proceda), organizar
os contidos en listaxes de reprodución e mesmo sincronizar ficheiros con dispositivos
móbiles.
Pódese descargar de balde (previo rexistro) e polo momento só ten versión para
Windows.

