R fai repaso do seu servizo de vÃdeo baixo demanda
luns, 15 de outubro do 2012
No que vai de ano R está a
revolucionar o seu servizo de televisión coa incorporación de vÃdeo baixo
demanda, tanto para poder acceder aos contidos da última semana de 15
canles de televisión (rebobina) como
para acceder a contidos de pagamento que poden consumirse á carta (catálogo), contribuÃndo a adoptar novos
hábitos de consumo televisivo, pois evita aos usuarios a estar pendentes dos
horarios de emisión dos seus programas favoritos.
Agora dende
R fan un repaso do que está a supor este servizo que nos 5 primeiros meses
de vida superou os 6 millóns de visualizacións de eventos, dos que o 68%
corresponden ao rebobina, o 28% ao catálogo e o 4% restante a contidos de
subscrición. Precisamente neste último apartado é onde R pode marcar certa
diferenza, permitindo esta canle para que o audiovisual galego poida levar os
seus contidos aos fogares dun xeito cómodo, polo que curtas, documentais e
outros contidos de produtoras independentes non teñan que limitar a súa
exhibición a certames presenciais.
No tocante aos contidos de pagamento, os filmes máis vistos do catálogo de R
foron Los Vengadores, John Carter e Indomable, acadando tamén uns bos resultados a proposta de Paco
León, Carmina o revienta.
Dende R aproveitan a ocasión para anunciar que, ante a boa acollida de rebobina, están a traballar na ampliación
do servizo de gravación para que sexa máis personalizable permitindo tamén que
sexa posible dedicar máis espazo ás propias gravacións.
