R perdeu 20.300 clientes en 2017
mércores, 7 de febreiro do 2018
Nos
últimos meses foron moitas as informacións ao redor do operador R na que se
daba conta de subas de prezo e incidencias nos servizos, o que parece ter erosionado
a súa percepción por parte dos usuarios, facéndolle perder a súa confianza en
moitos casos se atendemos aos feito de que durante
o último ano terÃa perdido 20.300 clientes.
Actualmente R está nunha mala situación para competir coas ofertas de banda
larga baseadas en fibra óptica, o que forzará a empresa a actualizar a súa tecnoloxÃa
de cable, o que supón un investimento elevado, pero o feito de que mudasen a
súa cobertura móbil de Vodafone a Orange supuxo para moitos usuarios unha grande
caÃda na calidade do servizo, o que terÃa pesado máis que outros cambios nas
súas ofertas para facelas máis atractivas.
R iniciarÃa 2017 perdendo 1.100 clientes no mes de xaneiro, e aÃnda que a caÃda
de clientes foi moi irregular, en setembro chegaron a perder 3.700 clientes, o
que descoñecemos se serÃa consecuencia directa dunha importante
incidencia na súa rede móbil ou atenderÃa ás agresivas ofertas dos seus
competidores.
Durante os últimos meses a perda de clientes de R parece ser moi grave, con
3.000, 3.600 e 2.900 clientes perdidos respectivamente nos meses de outubro,
novembro e decembro, dando a impresión de que a caÃda do operador é difÃcil de
frear, polo que non serÃa de sorprender que vexamos promocións en breve para
paliar a situación.
Lembremos que R pertence actualmente ao grupo Euskaltel, que segundo distintas
informacións estarÃa
a buscar comprador, probablemente para poder sumar músculo que lle permita
competir nun mercado actual no que os operadores de pequenas dimensións teñen
serias dificultades para seren competitivos.
