Raiola Marketing Conference celebra a súa sétima edición

luns, 30 de setembro do 2024 Redacción

O pasado sábado o PALEXCO da Coruña acolleu a Raiola Marketing Conference 2024, evento que chegaba á súa sétima edición coa participación de profesionais do sector da mercadotecnia en liña para debater sobre temas de actualidade deste ámbito como a creación de campañas virais para reducir o gasto en publicidade, o desenvolvemento de contido con intelixencia artificial, a creación dun negocio dixital ou trucos para mellorar o posicionamento en buscadores.
En total celebráronse 11 relatorios e unha mesa redonda, achegándose explicacións prácticas sobre as áreas do márketing dixital, compartíndose claves e ferramentas para a súa aplicación no traballo diario.