Remata o Programa de Dixitalización de Pemes de Silleda cunha sesión sobre Google Business e Metricool
luns, 1 de xuño do 2026
O 3 de xuño é a data para a sesión de peche do Programa de Dixitalización de Pemes e Negocios Locais de Silleda, un itinerario formativo que, desde outubro de 2025, serviu de apoio a pequenas empresas, profesionais autónomos e persoas emprendedoras do municipio na incorporación de ferramentas e competencias dixitais aos seus negocios.
Esta proposta, gratuÃta e promovida polo Concello de Silleda e a Fundación Roberto Rivas, levouse a cabo no Viveiro Municipal de Empresas cun enfoque práctico, achegando formación accesible e adaptada ás necesidades reais do tecido empresarial local.
Emporiso, nestes oito meses, o programa desenvolveu un total de sete sesións formativas centradas en cuestións clave para a competitividade dos negocios, abordando temáticas como: a intelixencia artificial aplicada á empresa, a creación de contidos para redes sociais, a fotografÃa e o vÃdeo para a comunicación dixital, o deseño gráfico ou distintas ferramentas para mellorar a presenza online.
O obxectivo desta inicitaiva foi acompañar ás pemes e aos profesionais locais no seu proceso de transformación dixital, ofrecéndolles recursos prácticos que puidesen incorporar de maneira inmediata ao seu dÃa a dÃa e contribuÃndo a mellorar a comunicación, a relación coa clientela e a visibilidade dos seus proxectos.
A última sesión, titulada: Google Business + Metricool: visibilidade, xestión e dúbidas reais, mpermitirá ás persoas participantes coñecer ferramentas útiles para reforzar a súa presenza en buscadores e redes sociais, organizar contidos e resolver cuestións concretas relacionadas coa promoción dos seus negocios. A xornada incluirá contidos sobre optimización de perfÃs en Google Business, planificación e análise básica de redes sociais mediante Metricool, revisión de casos reais e un espazo final para preguntas e resolución de dúbidas.
As persoas interesadas en asistir aÃnda poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Fundación Roberto Rivas e do formulario habilitado para a actividade.
Como peche do programa, a sesión concluirá cun pequeno aperitivo que favorecerá o intercambio de experiencias e o networking entre as persoas participantes.
