Resucita a edición impresa da revista Game Informer
luns, 17 de novembro do 2025
Nos últimos anos a información sobre revistas de videoxogos estivo protagonizada por anuncios de peche de cabeceiras históricas, aÃnda que houbo algunha resurrección sorprendente (como o regreso de MicroHobby), e na mesma liña temos agora á revista Game Informer, que tras botar o peche o ano pasado, rexurdiu hai uns meses en formato dixital, e agora sorprenden ao mundo anunciando que queren volver ao papel.
A revista de videoxogos nacida en 1991 poderÃa volver en breve aos quioscos de EE.UU. e a uns cantos puntos de distribución internacionais, estando xa a prepararse o número do mes de decembro, que dedicarÃa a súa portada ao xogo Dragon Quest VII Reimagined.
Inicialmente a revista distribuirase en tendas de Barnes & Noble, Books a Million, GameStop e Gelson’s, e xa no mes de xaneiro é posible que poida adquirirse nalgúns puntos de venda españois.
Estamos ante unha estratexia de distribución moi ambiciosa para unha publicación en papel, que no sector dos videoxogos parece algo do pasado, pola inmediatez da información en liña e o pulo que teñen o vÃdeo e os influentes á hora de divulgar sobre o sector. Pero dende Game Informer confÃan no atractivo da súa proposta, e prevén lanzar 10 números ao ano (cunha edición especial de maior tamaño cada remate de ano), animando aos lectores a subscribirse por 48 dólares (coa promoción de lanzamento) para ter asà tamén acceso aos máis de 370 exemplares da publicación orixinal en formato dixital, mentres que os lectores internacionais, por 32 dólares poden ter acceso á versión dixital da revista.
