Sae a versión 2.0 do reprodutor multimedia Miro
martes, 10 de febreiro do 2009
- Miro reproducindo un vÃdeo descargado de Quin TV
Miro, o
reprodutor multimedia multiplataforma que integra prestacións de descarga e
subscrición a contidos multimedia, chega
á súa versión 2.0 incorporando soporte de vÃdeo en streaming coma Hulu (non dispoñible en
España) e enfocando a súa revisión nos contidos de alta calidade e optimizando
o seu funcionamento.
Miro 2.0 incorpora unha nova interface baseada en widgets, permite separar vÃdeos
da fiestra principal durante a súa reprodución, mellora a xestión de listaxes
de reprodución, facilita a descarga de contidos de webs coma Archive.org ou
legaltorrents.com, amplÃa o seu soporte de ficheiros de audio e actualiza a
aparencia da Miro Guide, guÃa de contidos
descargables a través de Miro.
Esta aplicación está dispoñible de balde para Windows, Mac OS X e Linux, e
resulta moi práctica para a descarga de vÃdeos de YouTube, o acceso a podcasts
ou mesmo para descargar automaticamente os clips publicados en Quin.TV, o que
facilita a súa reprodución a posteriori,
asà coma o borrado automático dos vÃdeos vellos que non marcásemos para a súa
conservación.
- Miro permite a descarga automatizada de webs coma Quin TV
- A guÃa de contidos da aplicación tamén renovou a súa aparencia
VÃdeo de presentación da nova versión de Miro |