Sae o Firefox 3.0.4 corrixindo fallos detectados en anteriores versións

xoves, 13 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O navegador de Mozilla actualízase e así xa temos o Firefox 3.0.4 dispoñible para a súa descarga, que corrixe definitivamente certos fallos presentados nas versións 3.0.2 e 3.0.3 (como o acceso aos contrasinais gardados en versións anteriores nalgúns equipos) polo que recomendamos a súa actualización.
O Firefox 3.0.4 corrixe principalmente fallos de seguridade presentados e problemas de estabilidade detectados, ou sexa, que non é algo que perciban a meirande parte dos usuarios, pero contribúe a manter a integridade e seguridade do produto. Podemos agardar a que o propio programa nos aconselle actualizarnos ou «buscar actualizacións…» dende o propio programa se xa o temos instalado.
Lembramos que tamén se pode descargar o Firefox en galego, aínda que a nosa lingua continúa a estar en fase beta.