Samsung desempaqueta as súas novidades en BerlÃn
mércores, 29 de agosto do 2012
- A presentación de Samsung estivo salpicado de maxia
Parece que Samsung quere ser a compañÃa que máis despunte na
edición da feira IFA que bota a andar o vindeiro venres, pois na súa
presentación desta tarde chamada Samsung
Unpacked puxeron as cartas sobre a mesa, nun espectáculo que pretendÃa ser máxico, amosando os produtos cos que a empresa
surcoreana quere despuntar nos vindeiros meses.
Comezaron forte, asegurando que sentÃanse orgullosos por ter creado unha nova
categorÃa de produto co seu GALAXY Note (móbil con pantalla de grande tamaño ao
que non paran de saÃrlle imitadores), de aà que, despois de que o director de
cine Wim Wenders aparecese polo escenario lembrando as posibilidades do tablet
Samsung GALAXY Note 10.1, se animasen a presentar o Samsung GALAXY
Note II, terminal que eleva a súa pantalla ata as 5,5 polgadas, empregando
un panel de alta definición Super AMOLED que ao adoptar unhas proporcións de
16:9 resulta máis axeitado para o consumo de contidos multimedia.
- O Samsung GALAXY Note II leva a súa pantalla ata as 5,5 polgadas e inclúe un S Pen renovado
O novo móbil chegará en outubro con Android 4.1 (versión do sistema operativo móbil de Google con aÃnda pouca presenza en móbiles), un procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, conectividade HSPA+ ou LTE, almacenamento interno de 16, 32 ou 64 Gb (ampliables mediante tarxetas de memoria microSD de ata 64 Gb), baterÃa de 3.100 mAh, cámaras de 8 e 1,9 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, Wi-Fi Direct, NFC, GPS e unha nova versión do stylus incluÃda con este móbil, o S Pen, que é agora máis ergonómico e incluso contarÃa con funcións de goma de borrar. A este tocante o GALAXY Note II incorporará moitos avances grazas a varias aplicacións móbiles integradas que parecen ser do agrado de moitos usuarios en vista da boa aceptación que está a ter esta familia de móbiles.
Cámara compacta con Android 4.1
Hai uns dÃas tamén falamos da Nikon Coolpix S800c, cámara que destacaba por integrar Android 2.3, e que parece que finalmente vai pasar desapercibida, por verse eclipsada pola nova Samsung GALAXY Camera, que será unha cámara dixital compacta de 16 MpÃxeles e zoom óptico de 21x que integra unha pantalla táctil de alta definición, Android 4.1, Wi-Fi e incluso 3G/4G, que tanto permite disparar grandes fotografÃas como compartilas dun xeito moi áxil a través da Rede ou entre outros dispositivos a través de Wi-Fi Direct, á vez que permite aplicar numerosos filtros e efectos e mesmo executar aplicacións descargadas de Google Play ou da tenda Samsung Apps. Entre as súas prestacións máis interesantes estarÃa a posibilidade de que a cámara faga copia automática das fotografÃas que tomemos na nube e o control por voz (de xeito que podemos axustar o zoom e disparar mediante ordes orais).
Samsung ATIV, a marca de Samsung para dispositivos baseados en Windows
- Coa familia ATIV Samsung busca facer máis doada a vida aos usuarios
A chegada de Windows 8 e Windows Phone 8 vai centrar boa parte das
novidades tecnolóxicas dos vindeiros meses, e dende Samsung non quixeron ser
alleos a iso, e ao igual que para dispositivos con Android empregan a marca GALAXY,
decidiron estrear o selo
ATIV para os produtos baseados en Windows. Comentar como curiosidade que
ATIV é vita escrito ao revés, como un
xesto de Samsung para facer máis doada a vida
dos usuarios.
Para combinar as prestacións de tablets e ordenadores portátiles Samsung propón
os seus equipos ATIC Smart PC e ATIV Smart PC Pro, capaces de funcionar con
Windows 8 (e con Windows 7, pois son ordenadores completos) e que contan con
teclados extraÃbles, facendo doado mudar entre un funcionamento tipo tablet ou
tipo portátil. Veñen con pantallas táctiles de 11,6 polgadas, que tanto poden controlarse
con ata 10 dedos ou co novo S Pen. Tamén contan con cámaras traseira e frontal.
Ambos equipos contarÃan con 2 portos USB 2.0 no teclado, miniSD e mHDMI, e
diferenciarÃanse en que o ATIV Smart PC funcionarÃa cun procesador Intel Atom e
un par de portos USB 2.0, mentres que o ATIV Smart PC Pro poderÃa equiparse ata
cun procesador Intel Core i5 e contarÃa con 2 portos USB 3.0. Pola contra, en
autonomÃa a versión Pro só aguantarÃa ata 8 horas, mentres que o modelo máis
cativo aguantarÃa ata 14 horas, autonomÃa máis que respectable para un equipo
deste tipo.
Dende Samsung tampouco esquecen os tablets con procesador ARM con Windows RT
(gama de produtos na que algúns fabricantes non se atreven a entrar ante o medo
de que o Surface de Microsoft teña un prezo demasiado competitivo), e o Samsung
ATIV Tab serÃa asà un tablet con pantalla de 10,1 polgadas, 8,9 milÃmetros de
grosor, 570 gramos de peso e baterÃa de 8.200 mAh que poderÃa resultar ideal
para os usuarios que desexen un equipo de grande mobilidade que, sen deixar de
ser un tablet, tamén poida empregarse para usos ofimáticos.
Para completar a gama ATIV tamén presentaron o novo smartphone Samsung ATIV S, que funcionará con Windows Phone 8 e ten
un procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, conectividade HSPA+ e pantalla Super
AMOLED de alta definición e 4,8 polgadas de diagonal.
Xa fóra da familia ATIV, tamén quixeron aproveitar a ocasión para lembrar que
os portátiles Samsung Notebook Series 9 resultan ideais para o emprego de
Windows 8 pois, aÃnda que carecen de pantalla táctil, teñen un grande touchpad
que facilita o manexo do novo sistema operativo de Microsoft. Este tipo de
equipos entrarÃan dentro do que coñecemos como Ultrabooks, polo que é de
agardar que tamén consigan facerse un oco no mercado, pois están converterse nos
equipos portátiles máis demandados polos consumidores que buscan o equilibrio
entre potencia e mobilidade.
- O portátil Series 9 de Samsung chega para acadar certo equilibrio entre potencia e portabilidade
- Samsung presentou toda unha serie de produtos de cara ao lanzamento de Windows 8 no mes de outubro