Samsung lanza nos EE.UU. unha agresiva campaña publicitaria contra o iPhone 5
luns, 17 de setembro do 2012

- Anuncio do Samsung Galaxy S III publicado pola prensa norteamericana a pasada fin de semana
Co
lanzamento do iPhone 5 non faltaron as voces que apuntaban a que o novo
terminal de Apple non innovaba, e fronte ao que aconteceu en anteriores
lanzamentos, poderÃa ser inferior a outros dispositivos que xa están no
mercado, o que levou a Samsung a lanzar unha agresiva
campaña na prensa estadounidense na que aseguran que fan unha comparación de
prestacións do iPhone 5 e o Samsung Galaxy S III, no que o terminal con
Android gaña en numerosos apartados, engadindo tamén unha listaxe de
prestacións das que carece o dispositivo de Apple.
Dende Samsung destacan que o seu móbil ten unha pantalla máis grande e con máis
pÃxeles, que a súa autonomÃa é claramente maior, que ten o dobre de memoria
RAM, que o seu almacenamento interno é ampliable e que ten un conector estándar
(micro USB), á vez que empatarÃa co iPhone 5 en conectividade móbil, software
de recoñecemento de voz e resolución de gravación de vÃdeo.
Pero os surcoreanos non quixeron limitarse a unha comparación xusta, e
engadiron á comparativa unha serie de elementos dos que carece o iPhone 5 como
NFC, baterÃa extraÃble e numerosas funcións de software, sendo este último
elemento innecesario, pois dende Apple tamén poden engadir unha boa listaxe de
funcionalidades do seu sistema operativo das que carece Android.
Haberá que ver agora se a nivel internacional atrévense a facer unha
publicidade tan polémica e agresiva, pois a carreira polas prestacións técnicas
non parece ser algo que importe especialmente ao usuario final, que poderÃa dar
máis importancia a elementos como o grosor e o peso, nos que o iPhone 5 si
acadará unha posición excelente, só superada por uns poucos móbiles de
distribución bastante limitada.
