Santiago acolle un Seminario Igrexa-Empresarios sobre ética e intelixencia artificial
xoves, 6 de novembro do 2025
Máis de douscentos empresarios, directivos e profesionais dos ámbitos educativo, sanitario e tecnolóxico participan esta semana en Santiago no seminario Ética e IA. A intelixencia artificial cambia ou transcende á persoa?, organizado polo Arcebispado de Santiago en colaboración co empresariado galego. O encontro pretende reflexionar sobre o impacto da intelixencia artificial na educación, a formación, o desempeño profesional e a vida cotiá.
A cita arrinca este xoves cunha misa do peregrino na Catedral de Santiago, presidida polo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, quen realizará a Ofrenda ao Apóstolo. Deseguido, os asistentes acudirán á igrexa de San Martiño Pinario para gozar dun concerto a cargo do Orfeón e a Orquestra Terra a Nosa, dirixidos por LuÃs MartÃnez. O programa inclúe o MagnÃficat en Do menor de Giovanni Battista Martini e fragmentos do Requiem KV626 de Wolfgang Amadeus Mozart na versión revisada por Spengel en 1852.
O venres 7 de novembro a actividade trasladarase á HospederÃa de San Martiño Pinario, onde se desenvolverán as sesións académicas e de debate. A xornada abrirase ás 9:30 horas co acto institucional de inauguración, seguido da conferencia inaugural da filósofa Adela Cortina, titulada «Ética e ideoloxÃa na IA». A continuación intervirán Senén Barro, Amparo Alonso, Teresa RodrÃguez de las Heras e Ulises Cortés, que analizarán cuestións como a estratexia española en materia de intelixencia artificial, os modelos de gobernanza e regulación, ou os retos educativos e de valores asociados a esta tecnoloxÃa.
A partir das 12:30 horas celebrarase o diálogo «A Igrexa e a IA», con participación do arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, o teólogo estadounidense Alberto Embry (de forma telemática) e o sacerdote e investigador Ricardo MejÃa, moderados por José Ramón Amor Pan, director da Fundación Pablo VI. O seminario concluirá cun debate sobre «IA: persoa, responsabilidade, regulación e globalización», conducido por Eladio Dapena, da Universidade Intercontinental da Empresa, e co acto de clausura previsto para as 14:15 horas.
O encontro conta coa presenza de destacados representantes institucionais e empresariais, entre eles o propio arcebispo compostelán, membros da Igrexa galega e da CEG, asà como representantes da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, de Abanca, Umas e diversas universidades e entidades académicas.
