Seiko Epson presenta un terminal de papel electrónico de só 3 mm. de grosor
luns, 26 de novembro do 2007
A Corporación Seiko Epson presentou un prototipo un
novo lector baseado en papel electrónico nun evento do centro de convencións de
Pacifico Yokohama que destaca por presentar unha pantalla de 180 x 120 mm (tamaño B6) moi
lixeira (57 gramos)
pero que destaca
especialmente polo seu grosor de só 3 mm.
O dispositivo conta cun porto USB para o intercambio de datos (ou sexa, a carga
de contidos) e a súa pantalla de 6,7 polgadas conta cunha resolución de 1.200 x
1.600, o que equivale a uns 300 puntos por polgada, de xeito que é unha das
solucións deste tipo máis próximas a unha experiencia de lectura real. A
pantalla tamén ten unha relación de contraste de 8:1 e unha reflectividade do
43%.
O terminal de papel electrónico aliméntase cunha pila de botón (CR1220) que lle
dá unha capacidade de refresco de 1.420 páxinas (levándose só 0,7 segundos a
actualización dos seus contidos).
Con eses avances, os lectores portátiles de libros electrónicos se achegan cada
vez máis a dispositivos que poidan competir realmente cos libros tradicionais.
