SiSi: o intérprete virtual para xordos de IBM
venres, 14 de setembro do 2007
IBM desenvolveu un enxeñoso
sistema chamado SiSi (Say It Sing It)
que converte as fala en inglés a linguaxe de signos, amosando a
interpretación das palabras mediante un personaxe dixital ou avatar, para o que
tiveron que combinar unha serie de tecnoloxÃas informáticas entre as que
destaca un preciso módulo de recoñecemento de voz.

- Avatar masculino en SiSi
O programa SiSi permite situar o avatar nunha esquina da pantalla dun
ordenador, dun televisor ou dunha pantalla nunha sala de conferencias, podendo
personalizar tanto o tamaño da fiestra na que se representa como a súa imaxe
(que permite seleccionar o sexo do personaxe electrónico).
Este tipo de solución resulta especialmente atractiva para conferencias, xa que
permite que mentres está a falar unha persoa se poida proxectar detrás da mesma
a súa correspondente interpretación en linguaxe de signos aÃnda que non se
conte cunha persoa para facer tal función.
SiSi abre asà moitas oportunidades ás persoas xordas, sendo unha importante
ferramenta para a súa inclusión social, aÃnda que polo momento se limita ó inglés
(tanto no recoñecemento como na súa interpretación xestual).
Podemos ver un exemplo do funcionamento de SiSi no seguinte vÃdeo:
