#Silverbullet18 profundará na dirección de proxectos e a xestión de persoas no ámbito tecnolóxico
luns, 17 de setembro do 2018
O vindeiro 27 de setembro vai ter lugar na
Cidade da Cultura #SilverBullet18,
o II Congreso de Proxectos TI, que este ano ten como principal novidade a
internacionalización dos seus contidos. Mentres a primeira edición serviu para
facer unha prospección do panorama nacional, esta vez ampliarase o punto de
mira ao escenario internacional, con experiencias que chegarán de Bruxelas e México,
abrindo o foco de interese máis aló do horizonte do noso paÃs.
Organizado polo Colexio Profesional de
EnxeñarÃa Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), #SilverBullet18 está centrado nas
novas tendencias na dirección de proxectos e xestión de persoas no ámbito TI e
desenvolverase como un foro de debate dirixido a empresas e profesionais
vinculados á xestión e dirección de proxectos TI, expertos, investigadores e
docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área. O prazo de
inscricións está aberto e poden formalizarse na
páxina web do evento.
Relatores
A mirada internacional terá os nomes propios
de Laurent Kummer, coautor da metodoloxÃa oficial de xestión de proxectos das
institucións europeas, publicada en 2016 como OpenPM², e autor do best seller
The Lean Project Management; e Santiago Vázquez, director do Instituto de
Liderado do Tecnolóxico de Monterrei (México). O panel de relatores complétase
con Santiago Cabaleiro, responsable de Valor Persoas do Grupo Visual MS,
empresa viguesa premiada como Best Workplace 2017, e Rafa GarcÃa, fundador de
Valor 2.0 e experto en productividade persoal e contornas colaborativas.
#SilverBullet18 rematará unha mesa redonda,
moderada por Berta Candendo, responsable de Content Factory en Netex Learning,
para avivar o debate e favorecer a participación do público sobre as cuestións
máis candentes, cunha comida networking que porá fin ao II Congreso de
Dirección de Proxectos.
En definitiva, trátase de amosar as tendencias
metodolóxicas do panorama internacional no eido da dirección de proxectos e,
complementariamente, favorecer a adquisición de habilidades de comunicación,
xestión de recursos humanos e liderado.
