Skype permitirá compartir a pantalla do móbil

venres, 12 de abril do 2019 Marcus Fernández

As aplicacións de videochamada para ordenador permiten tradicionalmente compartir a pantalla do ordenador para realizar demostracións, presentacións ou, simplemente, para ofrecer asistencia a un usuario á hora de explicarlle como realizar algunha tarefa ou solucionar un problema, e Skype traslada agora tal función a dispositivos móbiles na súa última versión preliminar, de xeito que en smartphones con Android ou iOS podemos premer na opción de compartir pantalla durante unha conversa para que o noso interlocutor poida ver o que sae na pantalla do noso dispositivo durante a comunicación.
Durante a gravación de pantalla en Skype aparecerá unha banda vermella na parte superior da pantalla para deixar claro que está a transmitirse todo o que sae en pantalla (incluídas as notificacións), algo do que temos que ser moi conscientes durante as conversas (xa que podemos expor a nosa intimidade accidentalmente), pero sen dúbida estamos ante unha funcionalidade que vai ser benvida, especialmente en contornos profesionais.

PUBLICIDADE