Artigos desta sección
O Cámara galega aposta polo software libre e as súas aplicacións
Na vindeira Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), que se desenvolverá decontado, a presidenta do noso hemiciclo, Dolores Villarino, ten previsto na súa intervención tratar o tema do software libre e das novas tecnoloxías, así como a renovación da infraestrutura dixital que se levará a cabo na cámara galega. Na cita institucional, (...)
Ler máisA plataforma Mancomun.org sinala que a presenza do software libre nas empresas TIC e no sector público galego é “especialmente significativa”
A xulgar polos máis recentes datos achegados pola plataforma Mancomun.org (integrada pola Consellería de Innovación e os grupos de usuarios de software libre de Galiza), semella que están a quedar xa lonxe os tempos nos que todo o mundo falaba ben dos programas informáticos de código aberto pero moi poucos os usaba. Eran tempos (se cadra non moi lonxanos, se (...)
Ler máisNeo1973: teléfono móbil aberto que corre sobre Linux
A idea dun teléfono móbil Linux de baixo prezo e cen por cen aberto está presente dende hai tempo en diferentes webs de usuarios e desenvolvedores e máis en foros de Internet, pero mais como unha arela que como unha realidade.Probablemente, nunca antes chegou a ser tan real este aparello devecido como este mércores 13 de decembro, data na que foi presentado (...)
Ler máisMicrosoft e Novell afianzan a súa alianza arredor de Linux
Semella que a alianza de Microsoft e Novell arredor do sistema operativo Linux, por tradición situado lixeiramente a contrapelo dos intereses da primeira empresa, vai definitivamente a máis. Así, puidemos saber que a multinacional de Redmond pagará a Novell arredor de 187 millóns de euros polos certificados de subscrición á súa versión do devandito programa (...)
Ler máisTrebe-lab organiza este sábado 25 un obradoiro de balde sobre instalación e usos do software libre
A Asociación Cultural Caleidoskopio (trebe-lab) está a organizar estes días unha serie de actividades relacionadas de balde e relacionadas coa informática no local do colectivo Cova dos Ratos no número 3 da rúa Romil de Vigo. Trátase de actividades formativas de carácter práctico a tódolos niveis (para estudantes e tamén para profesionais de calquera titulación (...)
Ler máisInnovación salienta que as actividades a prol do software libre en 2006 duplican xa ás dos dous anos anteriores
A Consellería de Innovación vén de facer reconto das actividades postas en marcha a tódolos niveis e dende tódolos ámbitos co obxectivo de poñer máis preto dos galegos o software libre. Segundo apunta este departamento da Xunta, todo o que se organizou este ano en curso duplicou as tarefas de difusión desenvolvidas en 2004 e 2005, co que (sinala) ponse de relevo (...)
Ler máisProfesionais do eido TIC asinan en Santiago un manifesto para fortalecer a Galicia no mundo a través da Sociedade da Información
Cómpre deixar atrás os prexuízos e a vergoña e crer de verdade nas nosas posibilidades, que son moitas. Esta é unha das conclusións que se poden tirar do acto de sinatura do Manifesto a prol do desenvolvemento da Sociedade da Información asinado este xoves na Casa de Europa da Universidade de (...)
Ler máisMancomun.org convoca a axuda dos internautas galegos para traducir o Firefox 2.0 á nosa lingua
A plataforma mancomun.org, integrada e mantida por desenvolvedores e usuarios galegos de software libre e máis pola Consellería de Innovación, vén de convocar a axuda de internautas e informáticos para traducir o navegador Firefox 2.0 á nosa lingua, traballo que, como case todos os relacionados co código aberto, está a desenvolverse de xeito conxunto e (...)
Ler máisXa se pode descargar a versión 2.0 de Mozilla Firefox
Mentres a súa páxina web oficial indica que a última versión do Firefox 2.0 que se pode descargar corresponde á Release Candidate 3, resulta que cun día de antelación xa está dispoñible a versión definitiva do novo navegador, que incorpora numerosas melloras coma retoques no seu deseño, melloras no cadro de busca, máis medidas anti-phishing, peche de pestanas (...)
Ler máisO Firefox 2.0 chegará cunha festa internacional
O inminente lanzamento do Firefox 2.0 levou á Fundación Mozilla a suxerir a organización dunha festa internacional que se celebrará o vindeiro 27 de outubro. As festas son de asistencia gratuíta (podendo os interesados apuntarse nas webs dos respectivos eventos) e incluso está xa programada unha na vila de As Pontes, da man da Asociación Informática (...)
Ler máis0 | ... | 770 | 780 | 790 | 800 | 810 | 820 | 830 | 840 | 850 | 860
