Artigos desta sección
Caixanova iniciará un Máster sobre Software Libre
Caixanova porá en marcha un Máster sobre Software Libre na cidade de A Coruña, nunha iniciativa pioneira en Galicia que contará coa achega académica da Universidade Rey Juan Carlos e a visión empresarial da empresa galega Igalia. O Máster terá unha orientación práctica e profesional, dirixido a novos titulados ou a profesionais que queiran complementar a súa (...)
Ler máisSantiago acolle este mércores un debate sobre a futura Asociación de Empresas Galegas de Software Libre
A deste mércores 23 vai ser moi probablemente unha xornada decisiva para o futuro das firmas galegas vinculadas ó software libre, sobre todo para saber até que punto van camiñar xuntas no futuro. Así, segundo informa Javi Vázquez no seu blog, a sede da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) de Santiago vai acoller a partir das 17.30 unha xuntanza de (...)
Ler máisDispoñible para os internautas o OpenOffice 2.2 en galego
Na plataforma mancomun.org (mantida pola Consellería de Innovación e pola comunidade de usuarios e deseñadores de software libre en Galiza) xa está dispoñible a suite OpenOffice.org 2.2 cen por cen traducida ó galego. Podémola descargar para GNU/Linux, Windows e Mac OS (para Power PC ou para Intel). Asemade, é posible acceder ó programa a través da imaxe ISO do (...)
Ler máisPreparan unha mediometraxe romántica para fomentar o software libre
Un grupo de mozos vascos están a traballar la realización dunha mediometraxe en defensa da cultura libre titulada Ubuntu Tribe e que se promociona baixo o lema “El día que la ventana se enamoró del pingüino”. A película conta unha historia romántica protagonizada por Billy (alto executivo dunha ficticia Microsoft) e Ízaro (unha hacker que atopou varias (...)
Ler máisA plataforma mancomun.org coordinou nun ano 90 eventos de difusión vinculados ó software libre
A plataforma mancomun.org, ese espazo web no que a Consellería de Innovación e usuarios e deseñadores de software libre da nosa terra traballan ombro con ombro, vén de cumprir xa un ano de vida “catalizando os proxectos de código aberto en Galiza”, en palabras do propia plataforma (que tamén é obradoiro e até palestra de información e promoción). O caso é que os (...)
Ler máisO IGAPE subvenciona proxectos galegos de software libre que melloren a produtividade das empresas
O software de código aberto é fonte de riqueza e, xa que logo, unha oportunidade para as empresas galegas, tanto se queren camiñar vieiros que non crucen os “dominios” das grandes multinacionais como se queren colaborar entre elas, achegando diferentes elos da cadea co fin de completala. Así o entende o IGAPE, o Instituto Galego de Promoción Económica, que (...)
Ler máisIgalia convoca o primeiro Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre
O software libre vaise abrindo camiño nas vidas dos usuarios galegos de ferramentas informáticas, pero se cadra aínda fica no aire certa idea de que a través do seu emprego o que se consegue é pechar as portas ó negocio. É dicir: que a riqueza só pode provir de blindar con copyright até o máis mínimo detalle. Para a empresa Igalia, a riqueza para Galiza vén xusto (...)
Ler máisO colectivo Inestable celebra en Ordes as súas quintas xornadas sobre Linux, a partir deste 5 de abril
A comunidade de deseñadores e usuarios de software libre en Galiza e, en liñas xerais, toda aquela persoa interesada en procurar alternativas abertas ós programas e sistemas dominantes até o de agora (os sistemas pechados que esixen pago de licenzas) teñen esta Semana Santa na localidade coruñesa de Ordes unha cita de información e (tamén) de formación á que (...)
Ler máisFirefox: a rentes da cuarta parte dos internautas en Europa
Firefox vai xa como o seu propio nome suxire: coma un raposo de lume, entendéndose por este un animal que escasamente é quen de ficar quedo. A maiores, tamén poderíamos dicir que o navegador de software libre é cada vez máis como un raposo no curral dos navegadores, a xulgar polo arreguizo que debe meter no corpo ós da competencia que se teñan publicado datos (...)
Ler máisSoftware libre para unha misión espacial europea
Para unha chea de usuarios e deseñadores de software libre seguro que non hai dúbida posible: tanto os sistemas de control e navegación do Enterprise coma da Nostromo coma os o Falcón Milenario corrían con fontes abertas (e no caso da terceira destas naves interplanetarias, está claro que lle cumpría non optar ó pago de ningunha licenza, tendo en conta os seus (...)
Ler máis0 | ... | 770 | 780 | 790 | 800 | 810 | 820 | 830 | 840 | 850 | 860
