Trebe-lab organiza este sábado 25 un obradoiro de balde sobre instalación e usos do software libre
luns, 13 de novembro do 2006
A Asociación Cultural Caleidoskopio (trebe-lab) está a organizar estes días unha serie de actividades relacionadas de balde e relacionadas coa informática no local do colectivo Cova dos Ratos no número 3 da rúa Romil de Vigo. Trátase de actividades formativas de carácter práctico a tódolos niveis (para estudantes e tamén para profesionais de calquera titulación ou sector) e que se centran sobre todo na achega de coñecementos sobre software libre.
O primeiro dos obradoiros celébrase este sábado 25 ás 11.00 horas, e xirará arredor da Instalación de GNU/Linux (chaves para facer unha instalación básica do sistema operativo libre e posteriores procesos de actualización e configuración).
Ademais, farase fincapé nas vantaxes deste sistema para “tódolos usos”, sendo un exemplo disto o copyleft, un xeito libre de asumir a cultura e mesmo o propio desenvolvemento tecnolóxico que “non vai rifado coa calidade e que mantén viva unha filosofía de traballo en común”, sinala a organización.
Para máis adiante (ficamos á espera das datas), trebe-lab ten proxectado desenvolver máis obradoiros sobre os usos básicos de Internet ou o deseño gráfico e a ofimática con software libre.
