Artigos desta sección
Agnix estrea nova face na Web
O colectivo Agnix vén de estrear face na Rede. A idea desta renovación é a que debería extraerse de debaixo de calquera renovación (mais non sempre ocorre así): mellorar a forma para que o contido chegue máis e mellor ós usuarios. Máis polo miúdo e segundo apuntan os responsables desta plataforma galega a prol da divulgación do software libre, o que se pretendía (...)
Ler máisO instituto A Pinguela acolle estes días as Xornadas de Software Libre de Monforte
Entre hoxe e mañá, o instituto A Pinguela está a acoller a terceira edición das Xornadas de Software Libre de Monforte, evento organizado polo departamento de informática do dito centro educativo e no que está a participar a plataforma mancomun.org, integrada por usuarios e deseñadores de software libre da nosa terra en colaboración coa Xunta. As xornadas (...)
Ler máisTorvalds achega claves sobre o Linux que está por vir, máis verde
Calquera cousa das que temos ó noso arredor pode chegar a ser máis ecolóxica e non por iso levar a cabo a súa función (se a ten) de maneira igual de eficaz (ou igual de inutilmente). Esta máxima que é aplicable ás cousas e ás persoas, tamén o é ós programas informáticos e as tendencias da Sociedade da Información, tal e como vén de sinalar Linus Torvalds, o creador (...)
Ler máisAsturias prepara unha plataforma de software libre para o seu propio ámbito e para todo o Estado
Logo da aposta (nesta orde) polo software libre de Estremadura (Linex), Andalucía (Guadalinex), a Comunidade Valenciana (co Lliurex, operando a nivel educativo) ou Castela A Mancha (co Molinux), operando en máis ou menos medida con cadansúa plataforma aberta, semella que Asturias tamén se anima cun proxecto semellante. A idea, segundo podemos ver en (...)
Ler máisVigo acolle esta fin de semana un encontro a prol da cultura e a tecnoloxía ceibes
A Rede, se temos en conta que en moitos aspectos é unha reprodución virtual e maximizada de cousas que xa existían na vida mesma, ten tamén (coma na vida) as súas frontes ideolóxicas: as moitas que oscilan entre as posturas ultra proteccionistas, por unha banda, e as da total liberdade de movementos e uso e expresión, pola outra. Precisamente arredor desta (...)
Ler máisA futura federación española de empresas de software libre vai collendo corpo
As empresas de software libre semella que seguen o ronsel dos colectivos de deseñadores, ideólogos e/ou usuarios: o ronsel da colaboración e do apoio. Dito doutro xeito: quen fai ou emprega software libre, non parece que vaia ter moitas posibilidades de estar so. Esta máxima informalmente aceptada de que o código aberto se procura e se reúne a si mesmo (...)
Ler máisUlteo permite usar OpenOffice.org a través da web
Moitas empresas están a desenvolver aplicacións web que substitúan os paquetes ofimáticos de escritorio, pero a empresa Ulteo deu un paso adiante abrindo o acceso ó OpenOffice.org a través da web, sen precisar da instalación de software adicional (aínda que precisa que o navegador empregado teña soporte de Java). O Ulteo Online Desktop ábrese polo momento a (...)
Ler máisIgalia desenvolve un lector de correo electrónico para os Nokia N800/N810
A aplicación cliente de correo Modest xa está dispoñible para a súa descarga para equipos co sistema operativo OS2008/Chinook, ou sexa, para funcionar nos dispositivos Nokia N800 e N810, de xeito que os usuarios destes interesantes trebellos que levan a Internet á palma da man poden probar o lector de e-mail desenvolvido por Igalia que permite descargar (...)
Ler máisEstréase o Android SDK cun concurso de aplicacións para móbiles
Google xa estreou o kit de desenvolvemento de software para a plataforma Android, que quere entrar con forza nos terminais de telefonía móbil e que xa conta con versión para Windows, Mac OS X e Linux, e mesmo conta cun engadido para o contorno de desenvolvemento Eclipse. O SDK de Android xa se pode descargar, e para fomentalo crean o concurso Android (...)
Ler máisO Concello de A Coruña investirá 180.000 euros na implantación da Administración electrónica
A Área de Planificación do Concello de A Coruña sacou a concurso a contratación de implantación da Administración electrónica baseada en software libre cun investimento para pór en marcha esta iniciativa de 180.000 euros, tendo este contrato unha duración de 12 meses. O proxecto enmárcase dentro do obxectivo do Concello coruñés de mellorar os servizos de xestión (...)
Ler máis0 | ... | 750 | 760 | 770 | 780 | 790 | 800 | 810 | 820 | 830 | ... | 860
