Songbird chega á súa versión 1.0
mércores, 3 de decembro do 2008
Os usuarios que
queiran fuxir dun sistema tan pechado coma é o reprodutor iTunes de Apple poden
finalmente instalar a versión final de Songbird,
un reprodutor multimedia baseado en Firefox que, coma o navegador de Mozilla,
goza de grandes funcionalidades de personalización, de xeito que tanto se pode
modificar a súa aparencia coma ampliar as súas caracterÃsticas mediante
extensións (que permiten cousas como amosar as portadas dos álbums
que escoitemos ou presentar
a letra das cancións).
O Songbird 1.0 ten unha aparencia moi semellante á de iTunes, pero busca a súa
forza na Internet, de xeito que permite achegar información de YouTube, Flickr
ou Last.fm, entre outros, enriquecendo a reprodución multimedia.
Tamén é capaz de recibir emisoras de SHOUTcast radio, soporta múltiples
plataformas (Windows, Mac OS X e Linux) e, aÃnda que teña moito que pulir, é
unha aplicación altamente recomendable para xestionar a nosa colección musical
(soportando formatos coma MP3, WMA, WMA con DRM, Ogg Vorbis, AAC ou FLAC) sen
atarnos a ferramentas propietarias.

