Sony anuncia os seus novos trebellos con Android 4.0
mércores, 29 de agosto do 2012
Anticipándose
á feira IFA de BerlÃn Sony
presentou hoxe novos produtos baseados en Android 4.0, que serÃan o Xperia
Tablet S e os móbiles Xperia T,V e J, o que supón unha importante renovación do
catálogo da compañÃa nipona. Entendemos agora que o novo terminal de referencia
de Sony será o Xperia T, ao contar cunha pantalla de alta definición de 4,6
polgadas, cámara de 13 MpÃxeles, procesador Snapdragon S4 de dobre núcleo a 1,5
GHz, certificación PlayStation, conectividade MHL (que mediante unha base pode
converterse en HDMI) e NFC, que chegará en poucas semanas ás tendas en negro,
branco e prata.

- O Sony Xperia V é o irmán pequeno do Xperia T, que destaca pola súa resistencia á auga
Para quen non queira un móbil tan grande no último trimestre do ano Sony
comercializará o Xperia V, que ten unha pantalla de alta definición de 4,3
polgadas, que tamén conta cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, cámara de
13 MpÃxeles, NFC, MHL e certificación PlayStation, destacando tamén pola súa
resistencia ao po e á auga (pode aguantar ata 30 minutos a 1 metro de
profundidade). Chegará en negro, branco e rosa.
O Xperia J chegará en negro, ouro, branco e rosa tamén no último trimestre do
ano, pero axustando moito as súas prestacións para ser un terminal máis
accesible, de xeito que estariamos ante un móbil con pantalla de 4 polgadas e
cámara de 5 MpÃxeles.
Fóra dos smartphones tamén se fixo
oficial o Sony Tablet S, que terá unha pantalla de alta definición de 9,7
polgadas, procesador nVIDIA Tegra 3, ata 64 Gb de almacenamento, corpo de
aluminio. Chegará ao mercado a primeiros de setembro, estando xa dispoñible para reserva a un prezo que parte dos 399 euros.

- O Sony Tablet S chegará ás tendas o mes que vén
O Xperia T será o novo móbil insignia de Sony
Anuncio televiso do Sony Tablet S
