Sony confirmou o lanzamento da PSP Go e presentou un mando con control de movemento
martes, 2 de xuño do 2009
Pouco
despois da decepcionante
conferencia de Nintendo no E3 chegou a quenda de Sony para dar a
coñecer as novidades que preparar a compañÃa nipona para os vindeiros meses, o
que en boa medida quedou ensombrecido polo feito de que os detalles relativos á
PSP Go filtráranse
os pasados dÃas, polo que a presentación simplemente serviu para
confirmar o lanzamento da nova consola portátil de Sony (que sairá
o 1 de outubro a 249 euros) e o anuncio de que
contará con xogos coma Gran Turismo, Assassin’s Creed: Bloodlines, Metal Gear Solid: Peace Walker (que será
unha historia ambientada 10 anos despois do Metal
Gear Solid 3: Snake Eater, no que Hideo Kojima definiu coma o «elo perdido»), Resident Evil Portable e moitos outros tÃtulos (dos que boa parte
poderÃan demorarse ata 2010) entre os que tampouco faltarÃa un LittleBigPlanet.
Xa para PS3 amosaron impresionantes imaxes do Uncharted 2: Among Thieves e deron detalles de MAG, un xogo que permitirá competir en liña ata a 256 xogadores
(algo sen precedentes nas consolas de videoxogos, aÃnda que para os usuarios de
PC non é ningunha novidade).
- Agent será un xogo de Rockstar exclusivo para PS3
Amosáronse vÃdeos con anuncios de moitos dos xogos
para PS3 que levan meses anunciados, pero o máis importante para moitos foi o
feito de que Sony foi capaz de conseguir certos xogos en exclusiva cos que
compensar a forza da Xbox 360 (que estaba a arrebatarlle moitos tÃtulos) coma
será Agent (xogo de espionaxe
ambientado nos anos 70 e desenvolvido por Rockstar North), o agardado God of War III (que finalmente
chegará en marzo de 2010) e incluso sorprendeu o anuncio dun Final Fantasy IV, do que non se coñecÃa
nada e que tamén chegarÃa en 2010 (aÃnda que hai sospeitas de que poida ser un
xogo multiusuario en liña, pois o lanzamento de 2 grandes Final Fantasy no
mesmo ano parece complicado).
Os asistentes tamén puideron ver un vÃdeo do Project Trico (semellante ao que filtrárase
hai uns dÃas) no que xa se presentan detalles pulidos do xogo que
oficialmente responderá ao nome de The
Last Guardian, e que ten toda a pinta de recuperar o espÃrito de ICO e Shadow of the Colossus.
- Presentaron as posibilidades do PlayStation 3 Motion Controller durante a conferencia no E3
Pero o máis relevante da xornada foi a presentación do PlayStation 3 Motion
Controller, un dispositivo que serÃa moi semellante ao Wiimote co Wii
MotionPlus combinado cunha webcam, de xeito que aparte de ter unha detección de
movementos 1x1, tamén poderÃa representar virtualmente o mando en pantalla coma
se fose unha raqueta de tenis, unha espada, unha pistola… case calquera cousa
que poida inserirse no vÃdeo que capte a cámara da PS3. Estes mandos poden
utilizarse de dous en dous para permitir un sistema de xogo moi semellante ao
da consola de Nintendo, polo que resulta difÃcil consideralo coma algo
orixinal, aÃnda que na súa defensa podemos dicir que a súa presentación foi
unha demostración real, e non un vÃdeo (o que dende Sony comentaron dun xeito
que deu a entender que lanzaban unha indirecta a Microsoft polo seu Proxecto
Natal), polo que a sensación que se percibiu do potencial deste dispositivo foi
moi boa. Agárdase a súa comercialización para primavera de 2010, o que poderÃa
supor unha ameaza para a Wii de Nintendo, aÃnda que non parece que iso vaia
acontecer a curto prazo.
AÃnda que o novo mando para a PS3 pareza un plaxio do Wiimote, hai que
recoñecer que poderÃa abrir moitas posibilidades á consola de Sony, coma o
feito de permitir a conversión eficaz de xogos de PC controlados co rato a un
contorno máis propio de videoconsolas.
O PlayStation 3 Motion Controller achega o control de movementos á PS3