Sony reduce o prezo dos seus eReaders
martes, 6 de xullo do 2010
O éxito do iPad está a provocar unha reacción en cadea entre os fabricantes
de eReaders, e tras a baixada de prezo do Kindle 2 e o NOOK, seguidos polo
Kindle DX Graphite, é agora Sony
que reduce os prezos dos seus dispositivos, de xeito que os
Sony Readers Pocket Edition, Touch Edition e Daily Edition pasan de custar
169, 199 e 349 dólares a ter respectivamente uns prezos de 149, 169 e 299
dólares.
Con esta rebaixa temos que o Daily Edition gaña atractivo, pois estamos ante un
dispositivo con 3G e pantalla táctil de 7 polgadas, aÃnda que terao difÃcil
para competir co novo Kindle DX (que cunha pantalla de 9,7 polgadas compensa o
custar 80 dólares máis). Os modelos máis básicos de Sony téñeno máis difÃcil no
novo panorama de prezos, pois os 149 dólares que custa a versión Wi-Fi do NOOK e
difÃcil de mellorar (principalmente polo feito de que combina unha pantalla de
papel electrónico e outra pantalla táctil de cor).
Os compradores deste tipo de dispositivos terán agora non só que comparar
prezos, senón tamén os catálogos de libros, a conectividade e as
funcionalidades de cada trebello, pois algo no que parecen coincidir os
distintos fabricantes e en dificultar a comparación entre os seus distintos
produtos.
