Spotify estrea venda de cancións e versión en español
martes, 31 de marzo do 2009
Spotify, a
popular aplicación legal para a
reprodución musical apoiándose na Internet e sen precisar do almacenamento dos
temas no disco duro do usuario, estrea versión, a 0.3.12, que soluciona certos
fallos detectados e incorpora dúas novidades moi importantes: a
tradución da súa interface ao español e a incorporación da opción de compra de
cancións.
Deste xeito, os usuarios poden premer sobre o tema que desexen e optar pola súa
compra na web 7Digital (tenda de descargas dispoñible polo momento para Reino
Unido, Francia e España) de xeito que as cancións adquiridas obtéñense en
formato MP3 para poder reproducilas fóra da aplicación (ou en reprodutores
multimedia portátiles).
A tradución ao español do programa chegou rápido porque esta aplicación está a
ter moito éxito dentro das nosas fronteiras (España parece estar a ser o campo
de probas de Spotify, pois dende aquà incluso é posible darse de alta no servizo sen
invitación), e aÃnda que deberÃa aparecer automaticamente, algúns
usuarios (coma os que teñen o Windows en galego) deberán forzar a configuración
do programa dende as súas preferencias para que a interface apareza en español.
