Startup Weekend chega a Galicia en xuño
martes, 11 de maio do 2010

- Organizadores do evento
Nos últimos meses
son moitos os eventos presenciais que buscan dinamizar o sector das TIC,
especialmente promovendo o emprendemento e a creación de sinerxÃas entre os
participantes, o que levou Carlos
Granados (Planetapluton.com),
Javier Varela (The
Orange Market), Iago
Soto (Quobis) e MarÃa Encinar (Iniciador Galicia) a tomar o relevo
galego do Startup Weekend, iniciativa fundada en 2007 por Andrew Hyde que
pretende explotar o concepto dunha conferencia enfocada a aprender creando, o
que conseguen xuntando a xente con talentos diversos para seleccionar unha
idea, desenvolver un produto e lanzar unha empresa dende cero valéndose do networking e o traballo en equipo.
Este programa tense desenvolvido con éxito en máis de 100 cidades de todo o
mundo, e tras recalar en Madrid, chega agora a Galicia, máis concretamente a
Santiago de Compostela, onde pretenden celebrar o primeiro Startup Weekend Galicia
entre os dÃas 4 e 6 de xuño no ITE Caixa Galicia.
A acollida do evento está a ser moi boa, e xa están inscritas distintas persoas
interesadas en participar nun evento de carácter emprendedor baseado no
desenvolvemento de ideas de negocio que se apoien nas novas tecnoloxÃas e no
traballo en equipo. Os interesados en asistir deberán formalizar a súa inscrición
a un prezo
especial de 40 euros de facerse antes do 15 de maio, e por 50 euros
de facerse despois (e ata completar aforo), incluÃndo estas cotas todas as
comidas.
Esta interesante iniciativa lánzase predicando co exemplo, pois está presente
tanto en Twitter coma en
Facebook, plataformas que parecen estar moi ben aproveitadas, pois
pese a que estamos ante un evento inédito en Galicia, está a gozar de certa
visibilidade.
VÃdeo promocional dos eventos Startup Weekend
