Steam deixará de funcionar en macOS 11
martes, 5 de agosto do 2025
Hai poucas semanas anunciouse que a versión 139 de Google Chrome non serÃa compatible con macOS 11, o que parecÃa que como principal consecuencia terÃa que os usuarios con equipos que non poden actualizar a versións posteriores do sistema operativo de Apple (como os MacBook Air anteriores a 2015) tivesen que mudar o seu navegador web por Firefox ou Microsoft Edge, pero xa sabemos dunha consecuencia derivada de tal situación: o vindeiro 15 de outubro a plataforma de videoxogos Steam deixará de soportar oficialmente macOS 11.
A partir da data indicada a aplicación cliente de Steam (precisa para gozar dos xogos adquiridos en tal plataforma) deixará de funcionar en versións do sistema operativo de Apple anteriores á versión 12, xa que tal aplicación conta con compoñentes de Google Chrome para funcionar.
Dende Valve lembran que macOS 11 xa deixou de recibir actualizacións de seguridade por parte de Apple en 2023, polo que recomendan aos usuarios con tal sistema operativo que actualicen canto antes, aÃnda que, por desgraza, iso deixa fóra a equipos con certa antigüidade.
Cómpre lembrar que o cliente de Steam está a actualizarse para funcionar de xeito nativo en equipos con procesadores Apple Silicon, en previsión de que no futuro macOS deixe de dar soporte á tecnoloxÃa Rosetta 2 que facilita a execución de código compilado para procesadores Intel.
