StreamYard permite realizar directos en vertical
venres, 12 de xaneiro do 2024
A
disposición do Instagram Live Producer a creadores e empresas abriu a porta
a grandes posibilidades para a realización de directos complexos e con acabados
profesionais, xa que permite realizar retransmisións a través de aplicacións
especializadas e non só dende a cámara do móbil, e unha das compañÃas que se
está a adaptar mellor a estas novas posibilidades é StreamYard, que ofrece unha
solución web para facer directos en distintas plataformas.
Esta solución en liña non só incorporou Instagram entre os destinos dos seus
directos, senón que incluso foi máis aló, e esta
mesma semana activou a posibilidade de que o sistema de realización dos
directos poida configurarse en orientación vertical. Deste xeito é máis doado
facer directos orientados a dispositivos móbiles, contando con todas as funcionalidades
propias de StreamYard, como alternar entre distintas composicións en función do
número de participantes no directo, sobreimprimir grafismos, reproducir vÃdeos
e incluso amosar comentarios das diferentes plataformas sociais nas que se
estea a realizar o directo (xa que a plataforma permite simultanear emisións).
Os directos en vertical aÃnda non contan con todas as funcións (por exemplo,
carecen do composicións personalizadas), pero prometen continuar a mellorar
esta nova modalidade de directos nos vindeiros meses. Queda por ver se no futuro
conseguen unha modalidade de directo na que poder combinar retransmisións en
horizontal e vertical en función do destino da emisión, o que permitirÃa aos
creadores de contidos chegar a un público moi amplo ao mesmo tempo.
VÃdeo de presentación dos directos en vertical dende StreamYard