Streamlabs lanza un editor de podcasts
xoves, 15 de xuño do 2023
Streamlabs, a
marca de Logitech que desenvolve unha das aplicacións máis populares para
realizar transmisións en directo a través de plataformas como Twitch ou
YouTube, quere contribuÃr tamén ao emerxente mercado do podcasting e anuncia o Streamlabs Podcast Editor,
unha ferramenta para editar podcasts e entrevistas para levar este material dun
xeito rápido, dinámico e eficiente ás diferentes plataformas nas que pode
publicarse o material.
Cómpre salientar que cando falamos de podcasts, non están a entender o formato
tradicional baseado no audio, senón na súa versión audiovisual, que normalmente
inclúe aos interlocutores falando, asà como algunha outra información
audiovisual de apoio, aÃnda que normalmente o vÃdeo é un simple accesorio.
Para axilizar a edición dos podcasts o novo editor conta cun sistema de
transcrición, que permite a edición baseada no texto (de xeito que se borramos
unha frase de texto tamén borramos o seu vÃdeo correspondente) e tamén
facilitan a eliminación de silencios e titubeos. Facilita tamén a integración
de vÃdeos e fotografÃas, para que o contido sexa máis atractivo visualmente e,
como colofón, permite optimizar o contido para a súa publicación nas diferentes
plataformas (TikTok, YouTube, Facebook, iTunes, Instagram, Twitter, LinkedIn...).
Este editor é de balde con bastantes limitacións (só permite 1 horas de
gravación ao mes e conta con 15 GB de almacenamento, incluÃndo marca de auga de
Streamlabs nos vÃdeos exportados), que conta cunha versión Pro por 12
dólares/mes (que permite vÃdeos de até 2 horas, até 40 horas ao mes, 250 GB de
almacenamento e opción de exportación de subtÃtulos), aÃnda que non serán
poucos os que opten por facerse con Streamlabs Ultra, plan que custa 19
euros/mes ou 149 euros/ano, e inclúe 8 aplicacións para creadores, polo que é
un investimento moito máis atractivo.