Telegram estrea chats de voz
mércores, 23 de decembro do 2020
A
aplicación de mensaxerÃa instantánea Telegram non cesa de medrar en
prestacións, e desta volta tocoulle mellorar o funcionamento dos grupos de
chat, que estrean chats de
voz, conferencias en formato sonoro persistentes que permiten aos membros
entrar e saÃr cando queiran, de xeito que poden manterse en paralelo coas
comunicacións existentes nos grupos de Telegram para contar cunha capa de
charlas efémeras en directo.
Estes chats de voz non son exactamente chamadas grupais, aÃnda que poden empregarse
dese xeito, pois ofrecen unha maior flexibilidade. Cando entremos nun grupo de
Telegram veremos se está activo un chat de voz e os seus participantes, para
decidir asà se queremos participar na conversa, o que permitirá continuar co
uso da aplicación de mensaxerÃa mentres a conversa de voz ten lugar en segundo plano
(o que en Android permite incluso saÃr da aplicación e manter o chat de voz como
widget flotante.
Os novos chats de voz poden servir para pequenas conversas familiares ou para
xuntar a milleiros de participantes, podendo crealos calquera administrador dun
grupo de chat, polo que é de agardar que nas vindeiras semanas os usuarios
exploren intensamente a nova funcionalidade que rematará tendo o uso habitual
que os usuarios decidan dun xeito práctico.
