Telegram estrea videochamadas
venres, 14 de agosto do 2020
En Telegram
están a celebrar hoxe o sétimo aniversario da aplicación de mensaxerÃa que
presume de ter superado os 400 millóns de usuarios e figurar entre as 10
aplicacións máis descargas e empregadas a nivel mundial, e que por fin
incorpora unha funcionalidade coa que contan practicamente todos os seus competidores
dende hai moito: as videochamadas.
Esta nova funcionalidade de Telegram está agora dispoñible para iOS e Android
nunha versión alfa, permitindo xa iniciar videochamadas dende a páxina
do perfil dos contactos, acender ou apagar o vÃdeo cando se queira durante as
chamadas de voz e, como o reto de contidos de vÃdeo en Telegram permiten o modo
imaxe e imaxe, de xeito que permite navegar por conversas e facer outras
tarefas mentres se mantén o contacto visual.
Dende Telegram insisten no feito de que as súas videochamadas están protexidas
por cifrado de extremo a extremo, confirmando a conexión comparando 4
emoticonas que aparecen en pantalla para ambos participantes na chamada (se
coinciden, a chamada está protexida).
Esta prestación está aÃnda en pleno desenvolvemento e confÃan en que en futuras
versións reciba melloras como as videochamadas en grupo.

- As videochamadas chegan a Telegram en versión alfa e con cifrado de extremo a extremo
