Temu terá que someterse á Lei de Servizos Dixitais
venres, 31 de maio do 2024
En abril de 2023 a Comisión Europea anunciou as empresas que debía someterse á Lei de Servizos Dixitais (DSA) por superar os 45 millóns de usuarios activos, pero xa a finais de 2023 tiveron que ampliar a listaxe de compañías para incluír tres páxinas pornográfica, o pasado mes de abril incluíron a Shein, e hoxe incorporaron formalmente a Temu.
Temos así que as plataformas de comercio electrónico de máis pulo nos últimos meses en Europa paran a ter que someterse á DSA, o que supón un maior control das súas actividades.
Deste xeito, Temu terá que incrementar a vixilancia sobre os produtos ilegais, reforzar a protección dos consumidores, ter unha maior transparencia e render contas.