TikTok Now anuncia o seu peche
martes, 27 de xuño do 2023
Nun momento no
que BeReal aspiraba a converterse na aplicación móbil do momento, TikTok reaccionou
clonándoa como TikTok Now, e agora que BeReal perdeu o seu pulo inicial e
TikTok Now non conseguiu consolidarse, chegou o momento de recoller cable e
unha notificación enviada aos seus usuarios indicarÃa que a aplicación de
ByteDance que querÃa aproveitar a tendencia da fotografÃa dual botará
o peche 9 meses despois do seu lanzamento.
AÃnda que TikTok Now querÃa dar unha volta ao concepto de BeReal (permitindo
vÃdeos de 10 segundos de duración e non só fotografÃas), finalmente este tipo
de publicación social pasou de moda e quedou cun número reducido de usuarios.
ByteDance non deu explicacións sobre o motivo que leva ao peche de TikTok Now,
pero o feito de que BeReal non se convertese nun grande fenómeno como algúns
predicÃan pode darnos a entender que o nivel de uso de TikTok Now era aÃnda
menor.
AÃnda que copiar os servizos da competencia poida parecer unha mala práctica, actualmente
é inevitable, e incluso Instagram plaxio a funcionalidade de BeReal, aÃnda que con
pouca fortuna, pero non podemos esquecer que esta plataforma social de Meta
consegue manter o seu pulo grazas ás novidades que integra frecuentemente, e a
súa caracterÃstica de maior éxito (as historias) tamén foron copiadas doutro
servizo (Snapchat).