Tinder estrea interface en galego

martes, 21 de outubro do 2025 Marcus Fernández

A aplicación de citas máis popular a nivel mundial, Tinder, está a tender pontes coas comunidades que falan linguas minorizadas, abríndose finalmente ao éuscaro e ao galego.
Chega con ter o noso smartphone configurado en galego para que, cando abramos a aplicación de Tinder poidamos gozar dos seus menús en galego, o que supón un compromiso por parte da ferramenta coas diversidade lingüística.
Tinder está dispoñible actualmente en 60 linguas, das que o albanés, o azerí, o éuscaro, o birmano, o xeorxiano, a lingua khmer, a lingua laosiana, o macedonio, o suahili e o galego son as últimas incorporacións, aínda que cómpre lembrar que os menús da aplicación só son un elemento máis da normalización lingüística, pois sempre foi posible interactuar na aplicación na lingua de cadaquén.