Todo preparado para a entrega dos Mestre Mateo 2007, que se celebra hoxe en Ferrol
martes, 15 de abril do 2008
Finalmente hoxe saberemos quen se leva o Premio Mestre Mateo 2007 en cada unha das moitas categorÃas establecidas pola Academia Galega de Audiovisual. A gala será no Teatro Jofre de Ferrol, presentada por Antonio Durán (Morris) e Manuel Manquiña e (para a gran maiorÃa dos galegos e galegas) retransmitida pola TVG a partir das 23.35 horas. Polo que a Código Cero respecta, a escolma fÃlmica da edición 2007 dos premios galegos é probable que pase a historia por ter sido a que máis fincapé fixo no uso das novas tecnoloxÃas (canles, soportes, distribución, promoción), aÃnda que (certamente) isto tampouco terÃa que ser noticia, tendo en conta que a aposta polas novas ferramentas, coma a afouteza no felizmente superado Servizo Militar, dase cada vez máis por sentada.
Sexa como sexa, os Premios Mestre Mateo 2007, ós que se presentaron 121 traballos de 86 produtoras, inclúe importantes achegas do dixital, como por exemplo na categorÃa de Mellor Longametraxe de Animación: Donkey Xote (da firma compostelá Bren, ligada a Filmax), Gritos en el pasillo (de Perro Verde, filmada só con cacahuetes) e Nocturna (de Filmax Animación).
Polo que respecta á categorÃa Mellor Obra Experimental ou Interactiva, hai catro finalistas: Cousas do Kulechov, de Susana Rey; Ecos, de Rubén Coca; El Humanoide, de Hipotálamo; e SQR, de Pixel Grafics (do que xa falamos nesta mesma web). Na modalidade de Mellor Curtametraxe de Animación, optan ó Premio Mestre Mateo as seguintes pezas: O bufón e a infanta (Dygra), Don Señor e o home do soño (Matriuska), A flor máis grande do mundo (Continental) e Man (Audiovisual de Servizos Kairós).
