Toshiba presenta unha pantalla de 6,1 polgadas e 498 dpi

xoves, 20 de outubro do 2011 Marcus Fernández

A chegada da popular pantalla Retina do iPhone 4 marcara un tope de resolución (326 dpi) para os teléfonos móbiles e, pese a que está a ser igualada polos seus competidores (que queren estandarizar as pantallas de 1.280 x 720 píxeles), Toshiba vén de desmarcarse ao presentar unha pantalla de 6,1 polgadas cunha resolución de 1.600 x 2.560 píxeles, ou sexa, cunha resolución de 498 puntos por polgada, o que supón un importante paso adiante, que xunto cunha relación de contraste de 1.000:1, 16,7 millóns de cores e un ángulo de visión de 176 graos permite acadar unhas imaxes foto realistas e uns textos moi nítidos.
Polo momento as novas pantallas non teñen definida a súa data de lanzamento nin os dispositivos nos que se instalará (os tablets actuais parten habitualmente de pantallas cunha diagonal de 7 polgadas).

A mellora de resolución contribúe a unha representación máis nítida dos textos

PUBLICIDADE