Twitter redeseña a súa aplicación para Android
martes, 7 de xuño do 2016
Os usuarios de Twitter para Android levaron unha sorpresa
nas últimas horas, xa que a
aplicación móbil renovou a súa aparencia de xeito importante, adoptando
liñas de deseño propias de Android, de xeito que agora temos unha barra
superior con acceso á cronoloxÃa, as notificacións e as mensaxes directas
(despréndese das opcións de Conecta e do botón que facilitaba o acceso ao menú
ampliado), durante a exploración na aplicación temos un botón flotante para facilitar
que poidamos chiar en calquera momento, e agora, cun xesto de desprazamento
lateral, podemos despregar un menú lateral que ofrece o acceso á configuración,
ao cambio entre contas de usuario, aos destacados, ás listaxes... de xeito que
temos unha aplicación que segue as pautas de deseño suxeridas por Google, o que
deberÃa facilitar o uso da aplicación para novos usuarios.
Os usuarios que aÃnda non vexan os cambios da aplicación
de Twitter para Android poden recorrer a Google Play para a súa
actualización.
