Twitter xa está oficialmente en español

mércores, 4 de novembro do 2009 Marcus Fernández

A semana pasada comentamos que moitos usuarios de Twitter podían configurar o servizo de microblogging para que presentase a súa interface de usuario en español, e dende a tarde de onte xa é posible acceder a Twitter en español dende a súa portada, de xeito que os usuarios novos poden ver en servizo traducido sen problemas.
Os usuarios hispanofalantes que teñan o servizo configurado en inglés, poden xa modificar a súa configuración para ver as mensaxes desta páxina web en español, o que foi posible grazas a un esforzo colaborativo de usuarios voluntarios de todo o mundo que contribuíron na tradución de Twitter, o que repetirase con outros idiomas nos vindeiros meses, polo que o resto de linguas peninsulares poderían rematando a aparecer en Twitter coma xa están presentes actualmente en Facebook.