UCGAL insta aos compradores do WebTV de Blusens a reclamar a devolución dos cartos pagados
martes, 6 de marzo do 2018

- Na páxina de Facebook do WebTV recoñecen que teñen os seus servidores desactivados para impedir o correcto funcionamento do seu produto
Nos últimos dÃas causou bastante rebumbio a retirada
do mercado do WebTV de Blusens, produto actualmente distribuÃdo por Magna
Technology e que podiamos atopar nas principais canles comerciais de electrónica
de consumo en España (dende Media Markt ata Alcampo). Ao parecer terÃanse comisado
máis de 4.000 receptores en 7 rexistros en naves industriais e domicilios en
Compostela, que en calquera caso xa non poderÃan empregase para vulnerar a
propiedade intelectual xa que deixaron de operar a semana pasada xa que os seus
servidores na Internet están inactivos, tal e como recoñecen na páxina de
Facebook do produto.
Esta situación irregular levou á Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) a realizar
un comunicado no que aseguran que, en vista do acontecido, «existe unha falta
de conformidade do produto de acordo ao establecido na normativa que regular as
garantÃas de bens de consumo». Tamén destacan que os consumidores non tiñan
xeito de saber que o WebTV incumprÃa a normativa vixente e era susceptible de
perder o servizo ofrecido, e dado que a reparación ou substitución do reprodutor
non é unha solución viable, UCGAL considera que os afectados pode reclamar a
devolución dos cartos pagados polo dispositivo no seu momento. Instan asà a
acudir ás autoridades de consumo para resolver dúbidas sobre o tema e presentar
a correspondente reclamación.
UCGAL tamén solicitará a intervención da fiscalÃa ao considerar que o caso
afecta aos intereses económicos dunha pluralidade indeterminada de
consumidores.
