Un concurso fotográfico premia con produtos da galega Blusens

xoves, 25 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Unha das fotografías presentadas ao concurso

O programa Levántate y Cárdenas de Europa FM está a organizar un concurso fotográfico de verán no que pidan á súa audiencia que envíen fotografías nas que saian coa súa xente xunto coas iniciais do programa (LYC) escritas na area, tatuadas, nunha pintada... sempre que non se incorporen na imaxe mediante retoque fotográfico. O prazo para remitir as fotografías para o concurso FotoLYC remata o vindeiro domingo, podendo votarse polas mesmas ata ás 20:00 horas do vindeiro mércores, de xeito que o 1 de setembro daranse a coñecer os gañadores, entre os que se repartirán 25 televisores de Blusens e 25 dispositivos web:tv.

Carla Lladó nunha fotografía que serve de exemplo do que pode presentarse ao concurso FotoLYC