Un engadido para Windows Live Photo Gallery Beta facilita a carga de fotografías en Facebook

mércores, 11 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

A carga de fotografías con este engadido é moi doada

Os usuarios que organicen as súas fotografías con Windows Live Photo Gallery que queiran compartilas en Facebook o teñen agora máis doado con LiveUpload, un engadido para o programa que permite subir directamente as imaxes á plataforma de redes sociais Facebook.
A nova versión do engadido (a 2.0) permite ligar as etiquetas de persoas na Galería Fotográfica a usuarios de Facebook e elixir a visibilidade dos novos álbums creados (todos, as miñas redes e amigos, amigos de amigos ou só amigos), conservando a facilidade de carga de contidos fotográficos en Facebook dende a opción de Publicar do Windows Live Photo Gallery Beta.