Un engadido permite publicar vídeo en YouTube dende o Windows Live Movie Maker

luns, 17 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que realicen as súas montaxes de vídeo no Windows Live Movie Maker (revisión da sinxela aplicación de vídeo incluída no sistema operativo de Microsoft) poden instalar un complemento chamado LiveUpload que permite exportar os resultados das nosas edicións de vídeo directamente a YouTube para que os vexa todo o mundo.
Cando rematamos unha montaxe só teriamos que ir ao menú Publicar -> LiveUpload to YouTube e tras introducir o nome de usuario e o contrasinal de YouTube o vídeo creado se cargará automaticamente nos servidores de YouTube (podendo pórlle tamén un título, unha descrición, palabras chave para a súa identificación, a categoría que lle corresponda e os permisos de publicación do clip sen saír da aplicación).