Un enxeñeiro informático galego crea unha aplicación para xerar hologramas 3D co smartphone
mércores, 26 de agosto do 2015
AÃnda que nos últimos anos tendemos a confundir as imaxes
tridimensionais coas imaxes esteroscópicas, hai bastante diferenza entre
achegar imaxes con profundidade presentando unha imaxe diferente para cada ollo
e crear sistemas que consigan unha boa sensación de volume grazas a que a imaxe
cambia conforme muda o punto de vista do usuario, o que resulta máis que
evidente cos avances en cascos de realidade aumentada, pero historicamente
puideron conseguirse efectos semellantes sen o uso de lentes, mediante
holografÃa, unha técnica normalmente moi complicada de levar ao mundo real, e
que habitualmente só vemos en espectáculos e museos, e que grazas a unha
aplicación móbil desenvolvida polo graduado en EnxeñarÃa Informática pola UDC,
Pablo Fernández, podemos agora reproducila de xeito doado valéndonos dun
smartphone, tesoiras, cinta adhesiva e unha folla de plástico.
Seguindo
unha guÃa podemos recortar unha folla de plástico para darlle forma
piramidal, e asà colocala sobre a pantalla do noso smartphone, creando asà unha
especie de proxector de hologramas. O reto serÃa agora conseguir as imaxes que
haberÃa que combinar dentro da pirámide para crear a sensación tridimensional,
e para iso temos a aplicación para Android Hologramas:
Experiencias 3D, que podemos descargar
de balde de Google Play, e que permÃtenos ver como da pantalla do teléfono
saen fogos artificiais, percorrer o espazo na procura de aventuras, facerlle
preguntas a unha clásica bóla máxica, admirar os planetas do sistema solar e
incluso coidar dunha mascota holográfica. A aplicación irase actualizando para
realizar novas experiencias, demostrando que en moitos casos podemos gozar de
impresionantes efectos visuais sen ter que empregar solucións afastadas do noso
peto (o que pode lembrarnos, por exemplo, ao célebre cartón de Google).
VÃdeo no que podemos ver en vivo o funcionamento de Hologramas: Experiencias 3D
