Un foro sobre o Camiño aborda o potencial do podcasting e a tecnoloxÃa
xoves, 12 de decembro do 2024
Este sábado o Auditorio Afonso Eanes de Negreira vai acoller o II Foro de Internacionalización do Camiño Fisterra-MuxÃa, que vai abordar certa face tecnolóxica da ruta xacobea que ten a súa orixe na cidade de Santiago de Compostela e remata no cabo Fisterra e no santuario da Virxe da Barca de MuxÃa.
Dentro do programa de actividades, concretamente ás 12:00, destacabamos unha mesa redonda titulada Podcast e Camiño: de experiencia local a conexión global, moderada por Leo Menéndez, na que participarán Mariana Vaccaro (quen achegará información sobre a audiencia española de podcasts), José MarÃa Ardanaz (presentador do podcast bilingüe El Camino People) e Aldara Diéguez (quen conseguiu grande éxito co podcast Meloni: Un marqués en la Gomera e está a preparar un podcast sobre o Camiño).
Na sesión de tarde (ás 18:15 horas) tamén se celebrará un panel de experiencias no que se presentarán ferramentas innovadoras que están a transformar a promoción e internacionalización turÃstica. Formarán parte desta mesa redonda Florencia Cueto (Shiji Group), Borja Pérez (Debullar) e Xurxo Cegarra (Wireless Galicia), moderados por José Manuel Vázquez (Concello de Santa Comba).
Os interesados en participar neste foro poden inscribirse ao mesmo a través dun formulario en liña.
- Programa da xornada