Un proxecto europeo busca usar a tecnoloxía RFID para velar pola seguridade alimentaria
mércores, 7 de setembro do 2011
- Participantes no proxecto RFID From Farm to Fork xuntáronse hoxe en Vigo
A trazabilidade dos
alimentos é fundamental para garantir a saúde alimentaria, especialmente ao
xurdir crises cada vez máis frecuentes, e para contribuír en tal tarefa tamén
temos solucións tecnolóxicas como a identificación por radiofrecuencia,
promovida polo proxecto RFID From Farm to
Fork (da granxa ao garfo), que traballa
na creación dunha base de datos europea á que poderán acceder os compradores a
través do seu móbil con só achegalo aos produtos. Nesta iniciativa participan
10 organismos de 4 países, que están a desenvolver experiencia piloto e que hoxe
xuntáronse na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo para pór en común
os resultados e avanzar nas estratexias futuras.
Como exemplo galego da aplicación da tecnoloxía RFID o Grupo
de Sistemas de Radio da Universidade de Vigo, dirixido polo profesor Íñigo
Cuíñas, ten instaladas antenas e sensores de radiofrecuencia na adega Viña
Costeira de Ribadavia (que destaca
polo uso da tecnoloxía como recolleu nos pasados días Enrique Dans no seu blog),
mentres que outros grupos centran o seu estudo en empresas cárnicas,
piscifactorías ou queixarías.
- A directora da Escola de Exeñaría de Telecomunicación, Edita de Lorenzo, deu a benvida ao participantes na xuntanza