Un proxecto galego para reducir a fenda dixital na educación, entre os gañadores do Reto Fuller
martes, 15 de decembro do 2020
Finalmente
houbo presenza galega nas propostas gañadoras do Reto Educativo
Fuller, que convocou contribucións transformadoras da nosa mocidade
aliñadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel e con
capacidade para dar resposta aos desafíos da sociedade actual, coa
tecnoloxía “como panca de cambio”. O
proxecto Globed liderado pola moza compostelá Paula Lamas Rodríguez,
de 18 anos, foi un dos gañadores do certame, seleccionado “pola
súa proposta para mellorar o acceso á educación dixital e reducir
a fenda que separa as persoas que contan con recursos, conectividade
e formación tecnolóxica das que non os teñen”.
O
concurso veu da man da Fundación Telefónica e a ONG internacional
Ashoka, sendo o seu obxectivo dar visibilidade ás ideas
transformadoras de mozas, de entre 12 e 18 anos, aliñadas cos
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) impulsados pola ONU.
Tras
9 meses de andaina e 184 candidaturas presentadas de 14 Comunidades
Autónomas a iniciativa chegou ao seu remate coa escolma dos 10
proxectos finalmente gañadores, entre os que se atopan aplicacións
de navegación a través da roupa, sistemas de para potabilizar a
auga e purificar o aire ou melloras na accesibilidade das persoas
cegas ou con visibilidade reducida, entre outras contribucións.
Unha
das iniciativas gañadoras foi Globed, liderada pola moza compostelá
Paula Lamas Rodríguez, de 18 anos, e ideada xunto a Clara Pantín
Carro e Nalú Rodríguez Cabrera para “mellorar o acceso á
educación dixital e reducir así a brecha que existe actualmente a
través dun libro conectado para intercambiar coñecementos con
estudantes de todo o mundo”.
Os
premios consisten na produción dun vídeo profesional de cada un dos
proxectos, así como a participación no Laboratorio Curiosidade
Radical, un conxunto de actividades relacionadas coa educación,
a innovación e a tecnoloxía.
Por
unanimidade, o fallo do dez gañadores foi para os seguintes
proxectos:
·
Purify My Water (Madrid): deseño e construción dun sistema de
potabilización de auga de baixo custo, sen químicos nin materiais
que requiran ser substituídos de continuo e que obteña a enerxía
autónoma, utilizando enerxía solar.
·
Alga Chorella Vulgaria (Biscaia): deseño de biorreactores compostos
por auga e algas mariñas para purificar o aire, cunha absorción de
CO2 400 veces maior que unha árbore. O argazo empregado reutilízanse
para a industria cosmética.
·
Globed (Santiago de Compostela): un libro conectado que une a
estudantes de todo o mundo para intercambiar cultura e coñecementos
a través de webcam, micrófono, altofalantes, proxector e
cargador con placas solares. Dirixido a millóns de nenos que non
teñen acceso á educación para que poidan conectarse con outros.
·
Proton Smart Clothing (Barcelona): dispositivo electrónico
integrado, conectado a Google Maps, que proporciona indicacións de
navegación a través de vibracións na roupa, o que facilita un
desprazamento máis autónomo.
·
Blind Buy (Madrid): un carro-guía deseñado para realizar un mapa do
supermercado cun sensor LiDAR. O usuario recibe instrucións precisas
para atopar cada produto a través duns auriculares sen fíos.
·
Stain (Madrid): propón a produción de tintas naturais e bio
sustentaábeis por medio de innovadoras técnicas de tecnoloxía
sintética. Preténdese producir pigmentos obtidos a partir da
modificación xenética de bacterias E.coli.
·
Entredades (Córdoba): unha aplicación na que entran en contacto
persoas maiores, novas e adultas a través de trocos de servizos,
xerando unha situación de aprendizaxe entre diferentes xeracións.
·
Salud Torvis (Badaxoz): O proxecto pretende mellorar a saúde dos 550
cidadáns do Torviscal, núcleo situado nunha zona eminentemente
agrícola, optimizando os recursos materiais e persoais a través de
“mini proxectos”, como rutas verdes, uso de parques, etc.
·
Join Us 4 The Planet (Valladolid): plataforma formada por unha rede
social, un xestor de contidos e accións que pretenden mobilizar a
toda a sociedade ao redor de temas ambientais e á contaminación,
para que calquera usuario poida promover activamente unha maior
concienciación sobre o problema, solucións ou ser voluntario en
diferentes iniciativas.
·
Parques Integradores (A Rioxa): proxecto que propón dar un paso máis
á accesibilidade dos parques infantís e conseguir parques
integradores, onde os nenos con mobilidade reducida poidan compartir
xogos con outros nenos. Un deseño conceptual de parque inclusivo,
con atraccións adaptadas para o xogo de todos os nenos.