Un xogo de IBM ensina cómo optimizar o funcionamento interno das empresas
martes, 22 de maio do 2007
IBM presentou un videoxogo tridimensional na que se
sitúa a unha persoa de negocios nunha oficina virtual na que teñen que mellorar
a eficiencia da empresa, de xeito que os usuarios poidan coñecer mellor cómo
mellorar os procesos internos corporativos.
Innov8 servirÃa
asà para formar ó persoal das empresas (tanto a nivel directivo coma técnico) para
unha mellor dirección dos procesos empresariais, empregando para iso unha
ferramenta tan visual como pode ser un videoxogo cunha aparencia que poderÃa
lembrarnos a aplicacións coma Second Life.
No xogo, o usuarios recibe unha serie de tarefas e debe atopar os elementos que
as afectan para optimizar o seu tempo de realización, para o que hai que
moverse por unha oficina virtual onde se fala con outros empregados para logo
informar ós executivos.
A primeira versión do xogo estará dispoñible en setembro, e IBM procurará
rematar versión en rede para que os usuarios poidan competir en liña.
