Unha aplicación converte a Xbox One nun receptor Miracast

mércores, 13 de marzo do 2019 Marcus Fernández

A Xbox One vén de recibir a aplicación Wireless Display, coa que a consola doméstica de Microsoft gaña compatibilidade con Miracast, de xeito que pode empregarse como receptora de proxeccións de pantalla dende ordenadores con Windows ou dispositivos móbiles con Android, facilitando así que os contidos deses dispositivos poidan verse comodamente no televisor no que teñamos a Xbox One conectada.
Esta aplicación fai así doado ver en familia fotografías e vídeos que teñamos no ordenador ou no móbil, proxectar páxinas web a través de Microsoft Edge, presentar no televisor os xogos que esteamos a correr nun móbil con Android e incluso poder gozar de xogos de PC dende a Xbox.
A principal limitación desta nova aplicación sería que non é compatible con contido protexido, ou sexa, que aplicacións como Netflix non poderían proxectar o seu contido (por motivos de seguridade).

Coa nova aplicación de Xbox One podemos gozar dos xogos de PC dende a consola

PUBLICIDADE