Unha aplicación móbil facilita o seguimento da diabetes
luns, 13 de novembro do 2023
O conselleiro de
Sanidade, Julio
GarcÃa Comesaña, anunciou o pasado sábado, no marco da Xornada Diabetes
Evolution 2023, que xa está activa, dende hai unha semana, a aplicación
Sergas Diabetes, que posibilita a pacientes e a profesionais sanitarios
facer un seguimento da enfermidade a través do teléfono móbil, incorporando
medicións de glicosa e facendo seguimento do exercicio fÃsico ou controlando
valores nutricionais.
A información
obtida intégrase coa carpeta persoal do paciente e a plataforma tecnolóxica
TELEA, o que facilita que o persoal sanitario acceda a eses datos a través da
historia clÃnica electrónica, e, deste xeito, xerar para o profesional e o
paciente informes periódicos de seguimento da diabetes.
Asà o remarcou o
titular da carteira sanitaria do Executivo galego, no acto de inauguración
do encontro celebrado na cidade herculina e organizado polo Servizo de
EndocrinoloxÃa e Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, en
colaboración coa Sociedade Galega de EndocrinoloxÃa e Nutrición. O acto contou,
asà mesmo, coa presenza do xerente da área sanitaria, Luis Verde Remeseiro.
Comesaña destacou
que o Sergas está a coordinar e elaborar a actualización do Proceso Asistencial
Integrado (PAI) da diabetes mellitus tipo 2. Segundo o conselleiro, a abordaxe
das enfermidades crónicas a través de procesos asistenciais integrados, contribúe
á mellora da efectividade das actuacións sanitarias e á diminución da
variabilidade clÃnica.
Este proceso
asistencial é froito do consenso dun grupo multidisciplinar de profesionais e,
como paso previo á actualización, considerouse adecuado obter unha visión
completa da atención que se presta ás persoas con esta patoloxÃa, para
identificar áreas de mellora e determinar retos na súa abordaxe.
A tal efecto,
realizáronse un total de 21 entrevistas individuais a profesionais implicados
no seu manexo, con representatividade das diferentes áreas sanitarias de
Galicia e dos distintos perfÃs profesionais, ademais de contar coa
participación dun representante das persoas con esta enfermidade.
O documento
enviouse para revisión externa ás xerencias das sete áreas sanitarias e ás
sociedades cientÃficas e asociacións profesionais relacionadas co manexo desta
patoloxÃa.¡
Comesaña remarcou
que os piares básicos deste proceso asistencial son a detección/diagnóstico
precoz e a prevención da diabetes en persoas de alto risco; a valoración
integral da persoa con diabetes e o cribado de complicacións crónicas; o
establecemento dun plan de atención individualizado; o seguimento do paciente;
e, ademais, a atención ás descompensacións.